Política de Privacidade
Última actualización: 13/06/2026
En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD) e da Lei Orgánica 3/2018 (LOPDGDD), informámoste sobre o tratamento dos teus datos persoais.
1. Responsable do tratamento
A responsable do tratamento dos datos é a Asociación de Familias de Alumnado do CEIP Luís Seoane, con domicilio en Oleiros, A Coruña.
2. Datos que recollemos
- Datos identificativos: nome, apelidos, email, teléfono
- Datos de menores: nome completo e curso escolar
- Datos de saúde (opcional): alérxenos e dietas especiais dos menores
- Datos económicos: rexistro de cuotas e pagamentos
3. Finalidade do tratamento
- Xestión das altas e baixas de socios/as
- Xestión de actividades extraescolares e eventos
- Comunicación de circulares e avisos da asociación
- Xestión de cuotas e pagamentos
- Control de asistencia ás actividades
4. Base lexítima
O tratamento está baseado no teu consentimento expreso outorgado no momento do rexistro e na relación contractual derivada da condición de socio/a.
5. Conservación dos datos
Os datos conservaranse durante o tempo que dure a relación como socio/a e, unha vez rematada, durante o prazo legalmente establecido (máximo 5 anos).
6. Destinatarios
Os teus datos non se cederán a terceiros salvo obrigación legal.
7. Dereitos
- Acceso: coñecer que datos temos sobre ti
- Rectificación: corrixir datos incorrectos
- Supresión: solicitar o borrado dos teus datos
- Portabilidade: recibir os teus datos en formato dixital
- Oposición: opoñerte a determinados tratamentos
Tamén podes presentar reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (aepd.es).
8. Menores de idade
Os datos dos menores son facilitados polos seus titores legais, responsables da veracidade da información.